Quantcast
Channel: Farrapos de Gaita » Día das Letras Galegas
Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

O poeta ultramarino

$
0
0

Corren no Occidente tempos shakespearianos (pola traxedia, non pola altura da súa literatura). Falamos dun Shakespeare cutre, ao que lle restamos a épica, a poesía e os grandes parágrafos, e deixamos só coas traizóns, as envexas, as navalladas, os velenos verquidos na noite. Occidente, sempre tan sobrado de si mesmo, é hoxe coma aquel gato do poema de Bukowski que pasaba e se sacudía a Shakespeare do lombo.
E precisamente no medio e medio deste 2011 pasado por un Shakespeare de saldo, cando xa ninguén arredor de nós agardaba xestos desta natureza, asistimos asombrados a un acto de xustiza poética. A culpable, como moitas outras veces desde 1963, é a Real Academia Galega, que decide (vaia paradoxo) aparcar as pompas e as circunstancias e poñer no cartel do 17 de maio a fotografía de Lois Pereiro, a imaxe retratada, por exemplo, polos mestres Vari Caramés ou Manuel Vilariño, que fixaron na nosa memoria a estampa en branco e negro do poeta.
Hai quen, confundindo a literatura co sistema métrico decimal, aínda cre que o tamaño si importa, e que Lois, con dous únicos títulos publicados en vida, non merecía, unha vez contabilizados os seus versos ao peso, estar no selecto club do 17 de maio.
Talvez habería que lembrarlles aos agrimensores da palabra, que taxan a poesía en ferrados de caracteres, que bastarían, non dous libros, senón dous poemas -quizais só un: Acróstico- para festexar o noso idioma baixo a sombra protectora de Pereiro. É absurdo entrar no xogo simplificador das comparacións e clasificacións de autores, como se a cultura fose un hit parade ou un campionato da regularidade. A auténtica literatura é xusto todo o contrario á regularidade: fascínanos por irregular, por única, porque non encaixa en canons, xéneros, patróns, escolas ou etiquetas precociñadas.
E Lois Pereiro, que se asomou ás fronteiras do abismo para compoñer versos coa trama da súa propia vida, conmociónanos en Poesía última de amor e enfermidade ou en Conversa ultramarina porque aí está a Galicia contemporánea: nas paisaxes urbanas, nas músicas, nas citas de Handke ou Bernhard que aínda latexan entre nós. Como a súa sombra de poeta ultramarino, salvada das correntes do tempo entre as siluetas de fume do Borrazás.


Viewing all articles
Browse latest Browse all 2

Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Trending Articles


FORECLOSURE OF REAL ESTATE MORTGAGE


Libros para colorear


Mandalas de flores para colorear


Dibujos para colorear de perros


Mariquitas para colorear


Gwapo Quotes : Babaero Quotes


Dear Ex Quotes, Sakit Quotes


Long Distance Relationship Tagalog Love Quotes


RE: Mutton Pies (mely)


Ang Nobela sa “From Darna to ZsaZsa Zaturnnah: Desire and Fantasy, Essays on...


Winx Club para colorear


Girasoles para colorear


Rana para colorear


Renos para colorear


Dromedario para colorear


People Walk Away Quotes, Inspire Quotes


Top 100 Tagalog Love Quotes Collections Online


Tropa Quotes


Mga Tala sa “Unang Siglo ng Nobela sa Filipinas” (2009) ni Virgilio S. Almario


El Vibora (1971) by Francisco V. Coching and Federico C. Javinal





Latest Images

Pangarap Quotes

Pangarap Quotes

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

Vimeo 10.7.0 by Vimeo.com, Inc.

HANGAD

HANGAD

MAKAKAALAM

MAKAKAALAM

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC

Doodle Jump 3.11.30 by Lima Sky LLC